A SD Compostela asinou este sábado o seu regreso á categoría de bronce logo de obter un empate en Balaídos ante o Ourense CF (1-1).
O conxunto dirixido por Yago Iglesias afrontaba os seus terceiros play-off de ascenso consecutivos. Esta vez os composteláns conseguiron o ansiado premio, non sen sufrimento, nun partido que se lles puxo costa arriba co tanto do equipo da cidade das Burgas, transformado por Adri Castro aos doce minutos do encontro.
O panorama non era bo para a SD, á que os ourensáns non deron opción ata a segunda parte, cando Pablo Antas transformou un penalti. O tramo final do partido estivo marcado polos nervios, ocasións e erros de ambos os conxuntos. No entanto, o Compos conseguiu finalmente manter un empate que lle valeu o ascenso a segunda B.
VAAAAAAAAAAAAMOOOOOSSS SANTIAGO!!!! SOOOOMOOOOSSS DE SEEEEEGUNDAAAA B!!! #ComposOurense < href="https://twitter.com/hashtag/Cami%C3%B1ou%C3%81SegundaB?src=hash&ref_src=twsrc%5Etfw">#CamiñoÁSegundaB < href="https://t.co/G7N4IsSpz1">pic.twitter.com/G7N4IsSpz1<> — S.D. Compostela (\
SD_Compostela) July 25, 2020<>