martes. 22.10.2019 |
El tiempo
martes. 22.10.2019
El tiempo

O Deportivo denuncia a reventa de entradas para o partido contra o Mallorca

La afición del Deportivo, en Riazor. AEP
La afición del Deportivo, en Riazor. AEP

Os despachos de billetes de Riazor colgaron o cartel de 'esgotadas', mentres se espera o regreso dun posible excedente dos tíques destinados ao conxunto balear

O Deportivo trasladou á Policía as denuncias presentadas polos seus afeccionados sobre a presunta reventa de entradas para o partido deste xoves co Mallorca no estadio de Riazor, porrespondiente á ida da eliminatoria final da promoción de ascenso a LaLiga Santander.

O club galego esgotou todo o papel para o partido, á espera das entradas que poida devolver o Mallorca, e en internet apareceron anuncios de reventa.

"Numerosos deportivistas dirixíronse ao club ao longo dos últimos días ao obxecto de informar e denunciar diferentes supostos de reventa de entradas e carnés da tempada 2018-2019, tanto en formato presencial como a través de diversos portais web", explica o Deportivo nun comunicado.

Engade que o "neste escenario, o club efectuou xa as oportunas comunicacións ás autoridades policiais competentes, facilitándolles numerosas probas ao obxecto de que estas implementen un dispositivo de control" no estadio.

Ademais, o club, presidido por Paco Zas, indica a todos os afeccionados que "a reventa de entradas ou carnés con ánimo de lucro é unha conduta fraudulenta expresamente prohibida no propio texto das entradas".

Apunta, así mesmo, que tamén é "unha infracción administrativa susceptible de multa, así como de sanción por parte do órgano de disciplina social do club".

O Deportivo denuncia a reventa de entradas para o partido contra o...
Comentarios