lunes. 14.10.2019 |
El tiempo
lunes. 14.10.2019
El tiempo

Luis César Sampedro faise cargo do Deportivo

Luis César Sampedro. AEP
Luis César Sampedro. AEP
O club anunciara na tarde do luns a destitución de Anquela

O Deportivo fixo oficial a fichaxe de Luis César Sampedro para suplir a Juan Antonio Albacete Anquela, que foi destituído este luns.

O técnico galego atopábase sen equipo logo de lograr a tempada pasada a permanencia en Segunda División co Tenerife, ao que colleu faltando catro xornadas e no que non continuou.

Na súa carreira como adestrador, sentouse, ademais, nos bancos do Racing de Ferrol, Nàstic de Tarragona, Poli Exido, Alcoyano, Albacete, Lugo e Valladolid.

ANQUELA. O Deportivo anunciara horas antes a destitución do seu adestrador Juan Antonio Albacete Anquela, tras enlazar ante o Almería a súa novena xornada sen gañar e sumar oito puntos en dez xornadas.

O Consello de Administración do Deportivo, que se reuniu esta tarde, tomou a decisión de que Anquela deixe de ser adestrador do primeiro equipo.

O conxunto galego agradécelle "moi sinceramente a Anquela a súa profesionalidade, traballo, dedicación e actitude exemplar nesta etapa á fronte do equipo" e deséxalle "a maior das sortes no seu futuro persoal e profesional".

Anquela, que se fixo cargo do equipo no verán, deixa ao Deportivo en posicións de descenso a Segunda División B. 

Luis César Sampedro faise cargo do Deportivo
Comentarios