O Profe Ortega, en liberdade sen medidas cautelares tras ser acusado de violencia machista

O preparador físico do Atlético de Madrid pasou a noite detido no cuartel de Majadahonda

El Profe Ortega. VÍCTOR LERENA (EFE)
photo_camera Óscar Ortega. TWITTER

O preparador físico do Atlético de Madrid, Óscar Ortega, coñecido como o Profe Ortega, foi posto en liberdade sen medidas cautelares pola maxistrada do Xulgado número 7 de Majadahonda (Madrid), segundo confirmaron fontes xurídicas a Efe.

A xuíz especializada en violencia de xénero deixou en liberdade sen fianza e sen medida cautelar ningunha ao preparador físico do Atlético de Madrid.

Tras tomar declaración ao detido e á suposta vítima, a maxistrada inhibiuse en favor do Xulgado especializado en Violencia Sobre a Muller de Móstoles, partido xudicial no que reside a muller e, por tanto, competente no asunto.

Fontes da Garda Civil confirmaron a Efe que o detido pasou a disposición xudicial sobre as 10.00 horas.

O preparador físico do club branquivermello foi detido este luns pola Garda Civil acusado dun delito de violencia de xénero e pasou a noite detido no cuartel de Majadahonda.

Óscar Ezequiel Ortega del Río, Profe Ortega, forma parte do corpo técnico de Diego Pablo Simeone desde o ano 2006 cando se incorporou ao equipo arxentino do Racing de Avellaneda.

Comentarios