Hierro: "É ou foi un pracer adestralos"

"Viñamos facer algo importante, pelexar por un Mundial. E este non era o plan", asegurou o seleccionador

Fernando Hierro. EFE
photo_camera Fernando Hierro. EFE

Fernando Hierro, seleccionador nacional de fútbol, afirmou este domingo, tras a eliminación de España nos oitavos de final do Mundial de Rusia 2018, que "é ou foi un pracer" adestrar ao equipo.

"É ou foi un pracer adestralos", dixo Hierro ao ser preguntado pola súa continuidade nun cargo ao que chegou pouco antes do inicio do Mundial en substitución de Julen Lopetegui, destituído tras anunciarse a súa fichaxe polo Real Madrid. "Non é unha decisión miña", precisou Hierro.

"Viñamos facer algo importante, a pelexar por un Mundial. E este non era o plan. Non teño reproche ningún para este grupo de xogadores", dixo Hierro a Telecinco. "Si hai autocrítica como adestrador. Se alguén busca responsabilidades, póñome á cabeza", agregou.

Ao referirse ao partido contra Rusia, Hierro comentou: "É moi difícil estar 120 minutos atacando, atacando, atacando... O equipo intentouno de todos os xeitos".

"O compromiso foi total. O equipo comportouse dunha forma profesional día a día. Foi unha marabilla adestralos. O noso obxectivo era chegar lonxe, era gañar un Mundial", sinalou.

Comentarios