O galego Gabriel Marcelli, novo campión do mundo de trial en TR2

O piloto do Rosal, de 19 anos, prevé dar o salto a próxima tempada ao TrialGP
Gabriel MarcellI.@rfme_oficial
photo_camera Gabriel Marcelli.@rfme_oficial

O galego Gabriel Marcelli é o novo campión do mundo de trial en TR2. O deportista do Rosal conquistou o título na localidade murciana da Nucía —onde se disputaba a última proba do campionato— logo de quedar terceiro e segundo nas dúas últimas tempadas. 

"Levabamos moito tempo traballando duro e picando pedra e mellor non puido ir", comentou o galego, de 19 anos, que dixo levar da Nucía "o mellor recordo" da súa vida.

Marcelli recoñeceu que ser campión do mundo é algo que non se lle pasaba "pola cabeza" fai só un par de anos e desvelou que a súa idea é dar o salto a próxima tempada ao TrialGP. "Irei aprender, sen grandes obxectivos. O tempo dirá onde podo chegar", concluíu o piloto galego. 

Comentarios