De Gea: "Creo que as desculpas de Pedro Sánchez deberían ser en público"

O porteiro recoñeceu que a maioría das persoas que o relacionaron con Torbe non lle pediron perdón "nin en privado"

David de Gea. DOMENECH CASTELLÓ (EFE)
photo_camera David de Gea. DOMENECH CASTELLÓ (EFE)

O porteiro da selección española de fútbol David de Gea considera que as desculpas en privado do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, polos seus comentarios sobre o caso Torbe non foron suficientes.

O escándalo sexual que salpicou ao gardameta saíu á luz xusto antes da pasada Eurocopa, en xuño de 2016. Naquel entón, Sánchez dixo en público que non sentía cómodo coa presenza de De Gea na selección. Unha vez se soubo que De Gea non tiña vinculación co caso, o presidente do Goberno rectificou e pediulle perdón polo seu comentario.

"Aceptei as súas desculpas con educación. O que ocorre é que o que dixo no seu día foi en público e por iso creo que as desculpas tamén deberían ser o público", afirmou o gardameta do Manchester United durante un encontro coa prensa.

O porteiro recoñeceu que a "maioría" de personaxes públicos que lle faltaron ao respecto" non se desculparon "nin en privado". "É fácil falar dos demais neste país", lamentou o futbolista.

Comentarios