Marcelo pide marchar en xaneiro á Juve, segundo un diario italiano

O lateral brasileiro seguiría así os pasos de Cristiano Ronaldo

Marcelo Vieira. EFE
photo_camera Marcelo Vieira. EFE

Mentres o Real Madrid parece buscar un substituto para Julen Lopetegui ante a crise de resultados, con Solari e Conte como principais alternativas, agora especúlase coa posibilidade de que o internacional brasileiro Marcelo marche á Juventus de Turín, tal como fixo Cristiano Ronaldo no verán.

Segundo o xornal deportivo italiano Tuttosport, Marcelo pediría ao club que preside Florentino Pérez que lle deixe marchar en xaneiro.

Un rumor máis que non contribúe a acougar os ánimos no equipo branco, onde os xogadores din estar a matar con Lopetegui.

O diario cifra o seu traspaso entre 50 ou 60 millóns, unha cantidade "asumible" polo club turinés.

Comentarios