Michael Robinson anuncia que padece cancro en estado avanzado

"Preferiría non ter que librar esta batalla, pero lamentablemente estou nesta loita e teño claro que a vou gañar", declarou o comentarista deportivo na Cadena Ser

Michael Robinson. TWITTER
photo_camera Michael Robinson. TWITTER

O comentarista deportivo Michael Robinson anunciou este luns que padece unha melanoma con metástase en estado moi avanzado. O exxogador de fútbol británico desvelouno no programa La Ventana da cadena Ser.

"O meu amigo, o noso amigo Michael Robinson ten cancro", comezou dicindo Carles Francino, que seguidamente lle deu a palabra a Robinson.

Nuestro compañero @michaelrobinson acaba de compartir con los oyentes @LaVentana que tiene cáncer, un melanoma

Toda nuestra fuerza, Michael pic.twitter.com/mMgx5o1kN1

— Cadena SER (@La_SER) 17 de decembro de 2018

O colaborador explicou como lle diagnosticaron a enfermidade o pasado mes de outubro. "Tiña un vulto na axila e cando mo sacaron déronme unhas noticias tremendas. 'Michael tes cancro, un malo que non ten cura'. Do demais non me acordo escoitalo ben, porque eu pensaba que era un pesadelo".

Robinson admitiu que o día que lle comunicaron o terrible diagnóstico "non sabía como reaccionar".
 

A pesar das malas noticias, Robinson mostrouse disposto a vencer a enfermidade. "Preferiría non ter que librar esta batalla, pero lamentablemente estou nesta loita e teño claro que a vou gañar", indicou.

Comentarios