Nadal: "Creo que se está formando un bo Goberno en España"

O tenista mostrouse a favor da convocatoria de eleccións

Rafa Nadal. FERNANDO PÉREZ (EFE)
photo_camera Rafa Nadal. FERNANDO PÉREZ (EFE)

O tenista Rafael Nadal, que acaba de gañar Roland Garros por undécima vez, opinou que se está formando un bo Goberno" en España, cun "bo grupo de ministros", e desexou "toda a sorte do mundo" ao novo Executivo liderado polo socialista Pedro Sánchez.

Nadal fixo estas declaracións nove días logo de mostrarse favorable a que se convocasen eleccións en España tras a moción de censura que acabou co Executivo de Mariano Rajoy.

"Creo que se está formando un bo Goberno, cun bo grupo de ministros e o único que podo desexar eu é que se acouguen as cousas, que haxa tranquilidade e estabilidade. A clave do bo funcionamento das cousas é desde a tranquilidade e a estabilidade", opinou nunha entrevista un día logo de gañar Roland Garros.

O número un mundial desexou "toda a sorte do mundo ao novo Goberno", e aseverou que "o único" que quere é que lle vaia "o mellor posible para que esteamos todos ben".

Nadal explicou que cando deu a súa opinión sobre a situación política española hai nove días fíxoo na súa calidade de residente "e cidadán" dese país, pero aclarou que, cando se mostrou favorable a votar, "en ningún caso" fíxoo desde "unha posición superior á de calquera outro cidadán".

"Sinceramente, dei unha opinión desde o máximo respecto e humildade. Non pedín, non esixín. Dixen que, con todas cousas que sucederan no noso país, a min gustaríame volver votar. Antes da moción de censura, se mo preguntaron diría o mesmo".

"Que haxa eleccións ou non me preocupa relativamente, eu o que quero é que non haxa máis manifestacións da conta, nin xente moi descontenta, nin problemas. O que necesitamos é un pouquiño de tranquilidade e estabilidade", pechou.

Trátase da segunda vez en menos dun ano que Nadal, un dos abanderados do deporte español, dá a súa opinión política.

O pasado setembro expresouna respecto ao conflito en Cataluña. "Un non ten que tomar decisións unilaterais e desde a outra parte temos que facer sentir a Cataluña que realmente lles queremos e que queremos que sexan parte do que son, que é España", dixo entón. 

Comentarios