Dous partidos a Sergio Ramos por forzar o cartón ante o Ajax

Recibiu unha "amarela á mantenta" no partido de ida de Champions

Sergio Ramos. EFE
photo_camera Sergio Ramos. EFE

A Comisión de Disciplina da UEFA confirmou este xoves a sanción de dous partidos ao defensa do Real Madrid Sergio Ramos, tras "recibir un cartón amarelo adrede", no partido xogado o día 13 ante o Ajax en Amsterdam, correspondente á ida dos oitavos de final da liga de Campións.

A UEFA explicou que a sanción de dous encontros inclúe un partido por acumulación de amoestacións e outro por provocar "claramente" o cartón amarelo, coa que cumpriría ciclo de sanción no choque de volta ante o Ajax o próximo 5 de marzo e afrontaría sen amoestacións os cuartos de final se o Real Madrid se clasifica.

Tras a disputa do encontro, a UEFA iniciou unha investigación disciplinaria ao capitán madridista polas súas declaracións ao termo do partido, nas que recoñeceu forzar a amarela e hoxe confirmou os dous partidos de sanción, un por acumulación e outro en cumprimento do artigo 15 do Regulamento Disciplinario (recibir un cartón amarelo a propósito).

En relación ao Ajax-Real Madrid (1-2), a UEFA tamén multou ao club branco con 1.500 euros por aceso de bengalas e ao Ajax con 19.000 polo mesmo motivo, lanzamento de obxectos e presenza de pancartas ilícitas, en aplicación do artigo 16,2 do Regulamento Disciplinario.

Comentarios