Ramos: "Isto é durísimo"

O capitán da selección española non puido ocultar a súa decepción pola eliminación ante Rusia no Mundial

Sergio Ramos. EFE
photo_camera Sergio Ramos. EFE

O capitán da selección española, Sergio Ramos, non puido ocultar a súa decepción pola eliminación ante Rusia na quenda de penaltis e asegurou que foi un golpe "durísimo". "Isto é durísimo, sempre que te eliminan dun Mundial é doloroso. O equipo fixo todo o posible, tiñamos ganas de reivindicarnos como selección e non puido ser", sinalou Ramos, moi emocionado, en declaracións a Telecinco.

O defensa do Real Madrid insistiu en que España "non puido facer máis" do que fixo sobre o terreo de xogo para superar os oitavos de final. "Creo que non se pode facer máis. O equipo deixou a alma, puxo orgullo, puxo ovos dentro do campo, sentimento, máis non se pode esixirnos. Leváronnos aos penaltis, que era o único xeito de crearnos algo de perigo, e os penaltis, ao fin e ao cabo, son unha lotería e tocounos perder", engadiu Ramos.

O capitán da selección española mostrouse convencido de que esta xeración de xogadores terá máis oportunidades de éxito. "Creo que hai equipo para seguir soñando, a pesar de todas as críticas, das dúbidas que xeramos na fase de grupos. Volvemos reivindicarnos como equipo", destacou.

"Oxalá que podamos volver disputar grandes campionatos, Eurocopas e Mundiais, e que esta xeración, a pesar de que hai xogadores que volven e outros que se van, sempre o fagan con este orgullo de representar este escudo, que eu creo que o fixemos con moitas gañas", concluíu Ramos.

Comentarios