O turco Yokuslu, a un paso do Celta

O centrocampista do Trabzonspor está en Vigo e custaría seis millóns

Yokuslu. TWITTER (@Okayokuslu)
photo_camera Yokuslu. TWITTER (\Okayokuslu)

O futbolista de nacionalidade turca Okay Yokuslu chegou este martes a Vigo para pechar o contrato de fichaxe polo Celta, en caso de superar un recoñecemento médico ao que foi sometido.

Proveniente do Trabzonspor, o centrocampista, que tamén pode actuar como defensa central, converteríase na segunda fichaxe do conxunto celeste para o curso 2018-19, tras o lateral esquerdo David Juncá.

Yokuslu, de 24 anos, xogou catorce veces coa selección turca en torneos internacionais e no pasado campionato do seu país disputou un total de 30 partidos co Trabzonspor, nos que marcou dous goles. O Celta podería pagar polo seu traspaso uns seis millóns de euros.

BORJA IGLESIAS. Ademais, o interese do Sevilla no dianteiro uruguaio Maxi Gómez podería abrir as portas da entidade celeste ao compostelán Borja Iglesias, que vén de callar unha gran tempada cedido no Zaragoza e ao que lle resta un ano de contrato co club vigués. 

Comentarios