Valverde liga o seu futuro no Barcelona aos títulos que poida lograr

"Non penso nunca a longo prazo", dixo o técnico azulgrana

Valverde, con Messi detrás. EFE
photo_camera Valverde, con Messi detrás. EFE

O técnico do Barcelona, Ernesto Valverde, recoñeceu que o futuro dun adestrador sempre vai estar ligado aos "obxectivos", no caso do banco azulgrana en forma de "títulos", polo que non puido falar do seu futuro. 

"Non penso nunca a longo prazo. Un adestrador o que quere é que todo o mundo estea ben e satisfeito co traballo que fai, pero son consciente de que se non gañas a liga todo o mundo mira ao adestrador. Intento cumprir os obxectivos e, como nos quedan, imos ver que pasa", dixo.

Comentarios