A UE acelerará a negociación política para reformar as regras fiscais este ano

Calviño arrinca en Santiago aos Vinte e sete o compromiso de acordar as novas metas de débeda e déficit para despregalas en 2024
Nadia Calviño y Valdis Dombrovskis, en O Gaiás. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Nadia Calviño y Valdis Dombrovskis, en O Gaiás. PEPE FERRÍN (AGN)

Construír unha UE na que os socios vaian reequilibrando os seus orzamentos tras os gastos derivados da pandemia e a guerra de Ucraína á vez que despregan investimentos para reindustrializarse coa transición ecolóxica e a dixitalización como faros para esquivar o estancamento económico foron os desafíos que onte ocuparon aos ministros de Economía e Finanzas dos 27 na xornada de peche do cume informal de strong <>Santiago.

Nun debate que a anfitrioa, a vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos en funcións, Nadia Calviño, cualificou de "frutífero", os estados conviñeron "por unanimidade" intensificar os traballos para pechar a reforma das regras fiscais de aquí a fin de ano para que sexan de aplicación a partir de 2024. "Hai un gran compromiso", asegurou a coruñesa, que aspira a que o asunto quede resolto durante a Presidencia española do Consello Europeo, expira o 31 de decembro, tras o que asumirá a substitución Bélxica.

Os avances deberían concretarse na cita formal que o Ecofin celebrará en Luxemburgo o 17 de outubro, na que España presentará unha proposta de acordo. Segundo Calviño, o foro compostelán serviu para "pór en valor" o traballo técnico realizado no verán, que serviu para acordar o 70% do contido do novo regulamento.

Nadia Calviño.PEPE FERRÍN

Pero queda a parte máis espiñenta. "Para chegar a un acordo é preciso pasar xa á procura do consenso na fase de negociación política". O debate céntrase en procurar o "equilibrio" nun marco que debe garantir a "redución gradual da débeda pública" para blindar a sustentabilidade das finanzas nacionais e conceder o "necesario espazo para abordar os investimentos" da transición dixital e verde, ademais de dispor de incentivos "para acometer as reformas estruturais".

A modificación da gobernanza económica debe adaptarse ás "especificidades" dos estados á vez que se garante o cumprimento das regras comúns e a "igualdade de trato".

As NORMAS. O Pacto de Estabilidade e Crecemento —que estipula que os estados deben limitar o déficit dos seus orzamentos anuais ao 3% do PIB e que o nivel de débeda non debe exceder o 60%— quedou en suspenso en 2020 debido á pandemia e, logo, pola guerra.

En abril, a Comisión Europea (CE) expuxo que todos os socios cuxas contas presenten un desequilibrio superior ao 3% acometan un axuste de polo menos medio punto anual, ademais de defender que se lles impida incrementar o seu gasto neto por encima do seu potencial crecemento económico no medio prazo. Mentres Francia defende uns obxectivos individualizados e flexibles, Alemaña reclama marcar unha senda de redución do pasivo aos estados máis endebedados para garantir a igualdade de trato. Do seu lado, Italia pide que o novo marco dea un trato distinto no cómputo do déficit ás axudas a Ucraína e ao gasto en Defensa, dado o compromiso dos socios da Otan de destinar polo menos o 2% do seu PIB a este capítulo. O ministro Giancarlo Giorgetti púxoo onte sobre a mesa.

Consciente da división, o comisario europeo de Asuntos Económicos, Paolo Gentiloni, defendeu a proposta da CE. Advertiu que, aínda que está "aberta a modificacións", non se debe "cambiar o equilibrio" do plan. Insistiu en que hai que conxugar a volta á disciplina coa execución dos investimentos necesarios para impulsar o crecemento, tensionado á baixa polas rebaixas de tipos do Banco Central Europeo (BCE) para controlar os prezos. O italiano afirmou deixar Santiago coa impresión de que os socios "tomaron conciencia" da necesidade de acelerar "e intensificar" os contactos e tomar "decisións" polo que loou o "gran traballo" da Presidencia española de quenda.

Tamén enxalzou a "ambición" de Calviño de pechar a reforma antes de fin de ano o vicepresidente da Valdis Dombrovskis. Ironizando, sinalou que os socios esbozaron en Compostela "o Camiño Fiscal".

A falta de ver se a boa vontade cristaliza nun acordo antes de fin de ano, por agora, para elaborar os seus orzamentos para 2024 os estados deben atender ás orientacións de política fiscal que Bruxelas emitiu en strong <>primavera.

En canto ao resto de asuntos abordados onte, o letón sinalou que houbo espazo para reflexionar sobre o aumento dos riscos de fragmentación económica e comercial mundial tras o covid e a guerra. Europa avalía como manter a súa apertura, "apontoar a súa resiliencia" económica e gañar competitividade. Dombrovskis apuntou á necesidade de garantir cadeas de subministración "confiables", coas materias primas e a enerxía no foco. E para competir, explicou que os gobernos deben crear "contornas" para que as empresas poidan "innovar, prosperar e crecer", sen descoidar aos cidadáns, que deben "beneficiarse do crecemento".

Christine Lagarde e Pablo Hernández de Cos.ECB
Christine Lagarde e Pablo Hernández de Cos.ECB

Os banqueiros centrais cítanse no Gaiás

A presidenta do BCE encabezou este s´bado co gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de Cos, unha reunión con líderes e representantes de varios bancos centrais. O venres, Christine Lagarde defendeu a subida de tipos —que o supervisor situou o xoves no 4,5%, no seu nivel máis elevado desde 2001— como a vía para "gañar a batalla á inflación".

As axudas de China á industria do coche eléctrico, baixo lupa

"Debemos protexer a competitividade das empresas europeas e, ao mesmo tempo, manter a UE como un actor aberto no comercio internacional", sinalou Calviño ao ser preguntada pola investigación aberta pola CE sobre as axudas de estado entregadas por China á súa industria do coche eléctrico. Dombrovskis abordará o asunto nuns días en Pequín.

Comentarios