Ana Rosa, tras a dimisión de Huerta: "Foi compañeiro 11 anos, non farei leña da árbore caída"

"Ata agora eu non son ministra, tampouco son asesora fiscal de Màxim, nin sequera o contrataba eu", defendeuse das críticas a xornalista

 

 

Ana Rosa Quintana. EP
photo_camera Ana Rosa Quintana. EP

A xornalista Ana Rosa Quintana reaccionou este mércores á dimisión do ministro de Cultura e Deporte e excolaborador do programa que dirixe en Telecinco, Màxim Huerta. "Foi compañeiro 11 anos e non vou facer leña da árbore caída", sinalou. 

Quintana expresouse así a través da súa conta de Twitter despois de que un tuitero cargase contra ela. "Se o contrata, traballa con e rise coa Quintana, vai ser que é como moi parecido", espetoulle o usuario @SingerEduardo. 

"Ata agora eu non son ministra, tampouco son asesora fiscal de Màxim nin sequera o contrataba eu. Pero foi un compañeiro 11 anos e non vou facer leña da árbore caída", respondeu a xornalista. 

A reacción de Quintana chega minutos despois de que Huerta dimitise como ministro pola información publicada por El Confidencial, relativa ás dúas sentenzas que en maio de 2017 lle impuxeron unha multa por defraudar a Facenda 218.322 euros ao longo de tres exercicios fiscais, durante a súa etapa de colaborador nun programa de televisión. 

Comentarios