Aznar ve "indispensable" unha intervención total e indefinida en Cataluña

Sinala que se vive unha "situación insurreccional" e advirte de que "canto máis tempo pase, máis alto será o prezo" que se pagará por iso

José María Aznar, en el Congreso. JUAN CARLOS HIDALGO (EFE)
photo_camera José María Aznar, no Congreso. JUAN CARLOS HIDALGO (EFE)

O expresidente do Goberno José María Aznar cre que Cataluña é unha comunidade errada por culpa dos secesionistas e considera "indispensable" unha intervención "a fondo da autonomía catalá, sen límite de tempo e de todas as institucións".

Aznar afirma nunha entrevista en El Mundo que en Cataluña se vive unha "situación insurreccional" e advirte de que "canto máis tempo pase, máis alto será o prezo" que se pagará por iso.

Na súa opinión, o maior problema que ten España é, en boa medida,"o PSOE de hoxe, o de Pedro Sánchez", que depende das forzas independentistas que "invitan incluso á kaleborrokización progresiva de Cataluña".

"Sería moi desexable (...) saír canto antes desa situación", insiste Aznar, para quen o PSOE de Sánchez deixou de ser un partido constitucionalista.

Pero insiste en que a intervención de Cataluña a través do artigo 155 da Constitución debe ser "total" e "indefinida" para preservar a orde constitucional e a "continuidade histórica de España" e non meramente para "convocar eleccións" como, na súa opinión, foi o obxectivo de Mariano Rajoy ao activalo que non logrou "desmontar un golpe de estado".

"A aplicación fíxose tarde e mal", afirma o expresidente que considera que a "clave nacional" foi fundamental no resultado das eleccións andaluzas.

Aznar afirma que non ve a Vox como "un partido fóra do sistema", senón como unha forza que quere cambiar ese sistema. "Cousa distinta é que me guste máis ou menos o que din", engade antes de deixar claro que "hai cousas no ideario que non" lle gustan, como "a proposta de liquidar o estado das autonomías".

O expresidente rexeita na entrevista ser o pai intelectual das tres formacións de dereita e centro dereita: "Non son tan presuntuoso para crerme iso. O mundo pode vivir sen min".

Comentarios