Condenada a prisión unha parella que envenenou a oito gatos da súa veciña

Tiráronlle boliñas de carne crúa intoxicadas a través do muro medianeiro que separa as dúas vivendas, situadas en Málaga

Gatos Callejeros. AEP
photo_camera Un grupo de gatos. AEP

Unha parella foi condenada a oito meses de prisión por un xulgado de Málaga por un delito de malos tratos animais por envenenar a oito gatos da súa veciña tras arroxarlles boliñas de carne crúa a través do muro medianeiro que separa as dúas vivendas.

Os acusados foron condenados, cada un deles, a oito meses de prisión e inhabilitación especial durante un ano para o exercicio de profesión, oficio e comercio que teña relación cos animais, segundo a sentenza á que tivo acceso Efe.

Os alimentos foron inxeridos rapidamente polos animais e cinco deles morreron por un fallo circulatorio e metabólico e outro tres salvaron a vida, aínda que sofren graves secuelas polas que requiren medicación e dieta para sempre, polo que os acusados terán que indemnizar á veciña polos gastos médicos.

O envelenamento produciuse na mañá do 2 de marzo de 2011 cando os acusados, de 68 e 71 anos, lanzaron as boliñas envelenadas nunha vivenda situada en Málaga capital.

A rápida intervención da dona dos gatos evitou a morte de tres deles, aos que lles practicou un lavado de estómago e levounos ao veterinario. 

Comentarios