A terceira e final votación da CUP para investir a Mas termina en empate técnico

A división entre os partidarios de investir o presidente da Generalitat en funcións e os que queren novas eleccións queda patente na igualdade de votos: 1.515 a favor e 1.515 en contra ► A formación anticapitalista dáse un respiro ata o 2 de xaneiro para determinar que facer

O 'si' e o 'non' á investidura de Artur Mas empataron a 1.515 votos na terceira e definitiva votación da asemblea da CUP, o que levou á formación anticapitalista a darse unha prórroga ata o 2 de xaneiro para decidir, segundo fontes da CUP consultadas por Efe.

Tras este insólito resultado, a dirección da CUP convocou unha reunión do consello político da formación e do grupo de acción parlamentaria que agrupa os seus deputados no Parlament para decidir que facer.

Tras dúas votacións nas que quedaran eliminados dous dos catro escenarios elixibles, os máis de 3.000 asistentes á asemblea da CUP en Sabadell (Barcelona) acudiron por terceira vez ás urnas e esta vez xa non se contabilizaron no cómputo final os votos nulos ou en branco, para garantir que unha das dúas opcións en liza superaría o 50% dos apoios, pero nin tan só así se puido lograr o desempate.

Comentarios