Detido o exalcade do PSOE de Puertollano polas obras no campo de fútbol

Os axentes da Udef rexistraron o concello da localidade

A Policía Nacional detivo este mércores pola mañá ao exalcalde de Puertollano Joaquín Hermoso Murillo (PSOE) en relación cunha operación desenvolvida pola Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (Udef) por presuntas irregularidades na construción dun campo de fútbol cando era rexedor.

Fontes policiais confirmaron a Efe o arresto do exalcalde de Puertollano, que se produciu este mércores pola mañá, cando tamén os axentes da Udef rexistran desde as 8 horas deste mércores o Concello de Puertollano, do que desaloxaron aos traballadores e só quedou dentro a actual alcaldesa, Mayte Fernández, tamén do PSOE.

Fontes policiais manifestaron que o rexistro podería estar relacionado con irregularidades na construción dun campo de fútbol hai uns anos.

Ademais, a Policía Nacional, na súa conta de Twitter, informou este mércores de que hai unha "nova operación contra a corrupción en marcha" na que se investigan supostas irregularidades en "obras millonarias con fondos públicos".

Na porta do Concello hai varios concelleiros, funcionarios e cidadáns que foran facer algunha xestión, a quen os policías apostados alí impiden a entrada.

Comentarios