Morre un home tiroteado en Pozuelo de Alarcón

Recibiu dez disparos no interior do seu coche

Un home de 43 anos morreu este luns na localidade madrileña de Pozuelo de Alarcón tras recibir dez disparos no interior do seu coche, informou o servizo de Emerxencias 112 Comunidade de Madrid.

Segundo Emerxencias, que recibiu o aviso ás 9.26 horas, o home desprazábase no seu vehículo, á altura do número 3 da rúa Solaina, acompañado por outra persoa, cando foi tiroteado por unha ou varias persoas.

O Servizo de Urxencia Médica de Madrid (Summa) só puido confirmar o falecemento da vítima, que, segundo a fonte, morreu no acto.