López rexeita a oferta para integrarse na candidatura de Pedro Sánchez

O exlehendakari, moi molesto coa oferta do exsecretario xeral por non chamalo para trasladarlla, cre que non busca realmente a integración
Patxi López, en Ourense
photo_camera Patxi López, en Ourense

O exlehendakari e aspirante a liderar o PSOE, Patxi López, rexeitou a oferta de Pedro Sánchez de sumarse ao seu equipo e insistiu en que a súa candidatura chegará ata o final e en que é máis necesaria que nunca para volver unir ao partido. 

Así o aseguraron fontes do equipo de López, que se mostraron moi molestos pola forma en que coñeceron a oferta de Pedro Sánchez. O ex líder socialista non chamou a López, senón que fará pública a súa oferta nun mitin en Alcalá de los Gazules (Cádiz). 

Os colaboradores de López cren que Sánchez non busca realmente a integración, senón que o seu único obxectivo é apelar aos votantes de Patxi López. En calquera caso, as fontes aseguran que aínda que as formas fosen outras o deputado vasco tampouco aceptaría a oferta.

Segundo avanzaron fontes da candidatura de Sánchez, faralle a López unha "oferta programática". O exlíder socialista dará este paso despois de que o proceso de recollida de avais entre os militantes demostre que o PSOE está dividido fundamentalmente entre os seus partidarios e os de Susana Díaz.

Sánchez presentou algo máis de 57.000 avais e Susana Díaz 63.000. López, que asegurou que non quería facer unha guerra de avais" entregou 12.000, pouco máis dos 9.300 necesarios.

Comentarios