Retiran de Arco a obra de Sierra 'Presos Políticos' a petición de Ifema

O artista tacha de "censura" a decisión e considera que "dana seriamente a imaxe desta feira internacional e do propio estado español"

Fotografía de la obra 'Presos Políticos' de Santiago Sierra. FERNANDO VILLAR (EFE)
photo_camera Fotografía de la obra 'Presos Políticos' de Santiago Sierra. FERNANDO VILLAR (EFE)

A galerista Helga de Alvear decidiu retirar do seu posto a obra de 24 fotografías de Santiago Sierra Presos Políticos en la España Contemporánea a petición do recinto feiral onde se desenvolve Arco, Ifema, que considerou que a polémica "prexudica" ao resto de obras da feira de arte.

O artista, que rexeitou en 2010 o Premio Nacional de Artes Plásticas aducindo que el era "un artista serio", considera nunha nota remitida a Efe que a retirada é "censura", "dana seriamente a imaxe desta feira internacional e do propio estado español", e é "unha falta de respecto" cara á galerista.

"Actos deste tipo dan sentido e razón a unha peza como esta, que precisamente denunciaba o clima de persecución que estamos a sufrir os traballadores culturais nos últimos tempos", conclúe o seu comunicado.

Actos deste tipo dan sentido e razón a unha peza como esta, que precisamente denunciaba o clima de persecución que estamos a sufrir

A institución feiral Ifema, en cuxos pavillóns 7 e 9 se desenvolve desde este mércores Arco, explica nun comunicado que, "desde o máximo respecto á liberdade de expresión", a "polémica" que "provocou nos medios de comunicación a exhibición destas pezas, está a prexudicar a visibilidade do conxunto dos contidos que reúne ARCOmadrid 2018". "Polo tanto –engaden–, é a súa responsabilidade, como organizadora, tratar de afastar do seu desenvolvemento os discursos que desvíen a atención do conxunto da feira".

A serie de 24 fotografías de Santiago Sierra, titulada Presos Políticos en la España Contemporánea e valorada en 80.000 euros, consiste nas imaxes, pixeladas, de "recoñecidos encarcerados" como Oriol Junqueras, os mozos encarcerados acusados de agredir a dous gardas civís en Alsasua (Navarra) ou activistas do 15M.

Nas imaxes só se ve a cara pixelada dos protagonistas aínda que se lles pode poñer nome grazas aos textos que acompañan a cada un dos retratos.

Comentarios