Trump reclama por carta a Sánchez que aumente o gasto militar

O presidente de EE UU recorda que o obxectivo fixado no último cume da Otan é que o investimento chegue ao 2% do PIB

 

El presidente de los EE UU, Donald Trump. MICHAEL REYNOLDS (EFE)
photo_camera O presidente da EE UU, Donald Trump. MICHAEL REYNOLDS (EFE)

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, remitiu unha carta ao xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, na que lle recorda o obxectivo que se fixou no último cume da Otan de aumentar o investimento en gasto militar ata o 2% do Produto Interior Bruto (PIB), segundo confirma o Goberno. 

A citada misiva –adiantada polo diario El País– é unha carta privada, de presidente a presidente, segundo precisaron as mesmas fontes, e responderase por esa mesma vía. Trátase, aseguran, dun documento de traballo, que Pedro Sánchez recibiu fai uns dez días. 

As mesmas fontes recordan que o presidente norteamericano vén reclamando desde o ano pasado aos socios da Alianza Atlántica que cumpran co compromiso de elevar o gasto en Defensa ata o 2% do PIB comprometido. 

No caso de España, o gasto militar foi o pasado exercicio do 0,92% e as fontes de Moncloa, consultadas por Europa Press, aínda non poden precisar cales serán os plans do Goibenro en materia de gasto militar e se se vai a incrementar a porcentaxe do PIB destinado a Defensa. 

Precisamente este martes, o presidente do Goberno se reune ás 13:00 horas co secretario xeral da Otan, Jens Stoltenberg, con quen poderá abordar este asunto. 

Comentarios