Detido un veciño da Capela por un intento de violación

Ambos os dous eran coñecidos. A muller estivo en observación 24 horas tras recibir un golpe na cabeza ao oporse 

Guardia civil. DP
photo_camera Un axente da Garda Civil. DP

Axentes da Garda Civil detiveron un home veciño da parroquia de Sande, no municipio da Capela (A Coruña), como presunto responsable dun intento de violación a unha muller veciña deste mesmo lugar. 

Segundo trasladaron a Europa Press fonte coñecedoras do caso, o suceso produciuse durante a noite do pasado venres ao sábado, 22 de decembro, sobre as cinco da madrugada, cando o home, de nacionalidade portuguesa, preto de 50 anos, intentou abusar da muller. 

O home deulle un golpe cun obxecto na cabeza ante a oposición da muller, que motivou o seu traslado ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, onde permaneceu en observación durante 24 horas. Tamén sofre diversos hematomas por diferentes partes do corpo. 

Ao parecer, a muller coñecía o home, debido a que esta forma parte dunha comunidade de etnia xitana de nacionalidade lusa e residentes nesta parroquia do municipio de Ferrolterra. 

De inmediato deuse aviso do suceso á Garda Civil, que procedeu á detención do home, sen que este opuxese resistencia, polo que agora os axentes da Benemérita tratan de esclarecer este suceso.