Luciano Méndez pide á USC que o expulse porque "calar non vou calar"

O profesor da USC que defendeu a La Manada volve á carga nun novo vídeo no que critica á Universidade

Luciano Méndez. EL CORREO GALLEGO
photo_camera Luciano Méndez, nunha captura do seu último vídeo. FACEBOOK

O profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Luciano Méndez Naya, que afirmou que a vítima de La Manada"gozou", instou á institución académica a que o expulse porque non vai "calar" e espera que o seu cesamento "valla para algo".

O profesor publicou este mesmo martes un novo vídeo no seu muro aberto de Facebook no que considera "seria e preocupante" a "actitude da Universidade", tras constatar que lle enviou "un correo" no que di que lle abre un expediente informativo, do que el mesmo filtrou a súa resposta.

"Non me vou a prestar a bobadas, non me vou a prestar a novos expedientes para que me anden mareando e despois non se que. Entón, que preparen un expediente de expulsión da Universidade. Só confío en que se ten algunha repercusión mediática, como se me fai crer, que a miña expulsión valla para algo", comentou.

"Que se me expulse da Universidade –continúa– porque calar non vou calar. Se o que se pretende é que cale a boca porque se me ameaza con expulsarme da Universidade, entón coñecédesme moi pouco. Calar só calaba diante do meu pai, e hai moitos anos que morreu", agregou. 

"LIBERDADE DE OPINAR". Gustaríalle que "este feito, esta inxustiza manifesta, polo menos tivese algunha repercusión, aínda que non fose máis que nas mentalidades das persoas", abundou.

Nese sentido, defendeu que cando asinou "o contrato de funcionario", ninguén lle dixo "que estaban a secuestrar" o seu "pensamento" e a súa "liberdade de opinar".

"Son un loitador contra a inxustiza, en calquera campo"

"É preocupante que a Universidade, a xente que toma estas decisións na Universidade, faga cousas deste calibre", engadiu.

Considera que a Universidade "se cadra" non é o seu sitio porque sostén que el non é "xente desa calaña" e preocúpalle "relativamente" a posibilidade de que o expulsen, pois non lle asusta un cambio" na súa vida.

Compara a USC coa política e di que nela todos cobran "un soldo considerable", pero "traballar, moi pouco".

Deféndese como "un loitador contra a inxustiza, en calquera campo" que se lle presente e non é "machista en absoluto", polo que ve "triste que alguén o pense": "Non se se a estas alturas pénsao alguén ou é puro espectáculo", proseguiu.

"A ver se este é o último vídeo, que non teño moita máis ganas de seguir con esta historia", concluíu tras denunciar outras presións de carácter íntimo e persoal.

POLÉMICA. O profesor publicou o pasado 7 de maio un vídeo no seu muro aberto de Facebook no que afirma que a vítima de La Manada, á que se refire como "a tipa", sabía ao que ía, que "gozou" e que a Audiencia Provincial de Navarra debería habela condenado por denunciar "bobadas" de feminismo "radical".

Logo de tres xornadas de críticas, antes de coñecer que a USC estudaba que acciones tomar contra el, publicou un novo vídeo no que se mostra "disposto a defender" as súas posturas "ante quen faga falta" e acusa "á manda social" de crucificar "a un tipo que disiente da opinión maioritaria".

A semana pasada, noutro vídeo, declarou que hai máis dun "noventa e moitos por cento" de probabilidades de que os feitos sexan como el cre que ocorreron e cuestionou a posibilidade de que a USC adopte medidas contra el porque son as súas "opinións persoais" ás que cre que chegaría "calquera persoa racional".

Este profesor, docente de Económicas, xa foi expedientado en 2016 por comentarios machistas a unha alumna en clase sobre o seu escote.

Comentarios