O Salnés, case todo Ourense e a comarca de Santiago, en risco extremo de incendio

O risco é alto —por encima do 56%— en case toda a comunidade, coa excepción das zonas interiores da Costa da Morte e o nordés de Lugo

Foto de arquivo dun termómetro que marca 48 grados en Sevilla. RAÚL CARO
photo_camera Un termómetro marca 48 graos. RAÚL CARO

A práctica totalidade da provincia de Ourense permanece este sábado en risco extremo de incendio, situación na que tamén se atopan outras áreas da xeografía galega como a comarca de Santiago, o sur da provincia da Coruña, O Salnés, a costa de Ferrol, zonas interiores de Lugo e a conca do Miño ao seu paso por Pontevedra. Así figura no Índice de risco de incendio forestal (IRDI), que publica diariamente a Consellería de Medio Rural e no que se observa que o risco é alto —por encima do 56%— en case toda a comunidade, coa excepción das zonas interiores da Costa da Morte e o nordés de Lugo. 

Deste xeito, o risco de incendio é moi alto no interior das provincias de Lugo e A Coruña; mentres que é extremo en case todo Ourense, Santiago, a conca do Ulla e o Miño, O Salnés e a Costa Ártabra.  Para o establecemento do IRDI tense en conta a conxunción dos seguintes factores: a situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, o das infraestruturas preventivas, das masas arbóreas e o do chan. 

Comentarios