Testemuños dun susto maiúsculo no Marisquiño: "É a crónica dunha morte anunciada"

Unha moza relata así o ocorrido no Marisquiño: "O chan abriuse aos meus pés. Pensaba que estabamos sobre terra, pero xa notei a auga"

La plataforma hundida en O Marisquiño. DP
photo_camera A plataforma afundida no Marisquiño. DP

Testemuñas e afectados polo derrube do peirao portuario de Vigo, que veu abaixo este domingo durante a celebración dun concerto no Marisquiño, apíñanse este luns fronte ao paseo, tratando aínda de recuperarse do ocorrido e de coñecer as causas do suceso.

A estrutura que sostén o entablillado de madeira que cedeu ao peso dos asistentes a un dos eventos máis famosos da cidade olívica levaba en mal estado desde hai anos, segundo denuncian algúns propietarios de barcos que amarraban as súas embarcacións na dársena. "Isto é a crónica dunha morte anunciada", sentencian.

As testemuñas narran os momentos de pánico que se viviron no festival vigués. "Pensamos que ocorrera algunha liorta, unha pelexa, pero xa empezamos a ver feridos, xente correndo... A xente non sabía que facer", relata Jacobo á Radio Galega, quen tamén celebra que a Policía chegou en cinco minutos e "comezaron a desaloxar".

Outro mozo que estaba presente no recinto describiu o sucedido como "un abafo". Mentres que unha muller que estaba sobre a plataforma contaba así os momentos de angustia vividos. "O chan abriuse aos meus pés. Pensaba que estabamos sobre terra, pero xa notei a auga. Entón só pensaba en saír de alí custase o que custase".

"De súpeto moveuse a madeira e ouvimos crack; empezouse a caer todo o mundo ao meu arredor"

En declaracións a Europa Press, un mozo menor de idade do Barco de Valdeorras, que foi un dos mozos que caeu no enorme oco aberto tras o derrube. "Estou traumatizado, caín dentro do buraco, pisáronme a cabeza pero saín como puiden", relatou á vez que conformou que resultou ferido leve. 

Segundo explicou, o concerto acababa de empezar: "E de súpeto moveuse a madeira e ouvimos crack, empezouse a caer todo o mundo ao meu ao redor", narrou. Ademais, criticou que "ninguén da organización dixo que o aforamento fose limitado ou que só puidesen pasar un número de persoas". 

"O meu fillo saíu ileso de milagre", di a nai dun asistente ao Marisquiño

Ángeles Crespo, nai doutros mozos que estaba a presenciar o concreto, afirmou que o seu fillo "saíu ileso de milagre", porque estaba en primeira fila, na zona de formigón. "É incrible que deixen facer algo así nun paseo de madeira. Só camiñando por alí xa se escoitaba cambalear os listóns", denunciou. 

"Víase vir"
Usuarios do porto deportivo de Vigo sinalaron este luns que o colapso do paseo derrubado durante a celebración dun concerto do festival O Marisquiño "víase vir" polo mal estado dos pilotes de formigón sobre o que se sostiña. 

Así o apuntou a Adelardo Peñoa, que tivo unha embarcación atracada xusto no pantalán onde se produciu o accidente. "Xa en 2005 nos demos conta de que había moito óxido e gretas, e que se desprendía o formigón dos pilotes", afirmou. 

Este usuario indicou que advertiron do que ocorría a outros mariñeiros, e asegurou que o colapso se produciu "non directamente polo peso da xente, senón pola falta de mantemento da estrutura". "Outros peiraos moito máis antigos seguen aí aguantando", engadiu. 

Na mesma liña, Amelia Vázquez incidiu en que "xa en 2011 se vía que estaba fatal". "Era público e notorio, estaba á vista, viámolo todos, os usuarios e os propios traballadores do porto", abundou. 

Esta usuaria lamentou que "non revisasen o estado do paseo antes de permitir que se xuntasen alí centos de rapaces". "Non me sorprendeu o ocorrido", sentenciou.

Comentarios