Os cursos que precisas para converterte en Adestrador Persoal experto

Con este pack de tres cursos online de deporte e nutrición que ofrecen Aprendum e Galiciaé estarás máis preto de conseguir ese posto de traballo que che gustaría ter no teu ximnasio

Comezou a operación bikini e, aínda que todos deberiamos tratar de manternos en forma durante todo o ano, a experiencia demostra que é agora cando máis persoas invaden os ximnasios. O motivo está claro: porse en forma e lucir tipo para o inminente verán e, o máis positivo de todo, isto fai que aumente a demanda de profesionais nos ximnasios e centros deportivos.

Non queremos que deixes pasar a oportunidade, senón que queremos que te anticipes e te formes para cubrir todo o relativo ao deporte e á nutrición no teu centro de traballo. Con este Pack 3 de cursos online: Adestrador Persoal, Nutrición Deportiva e Coaching Deportivo, completarás a túa formación deportiva e chegarás a convertirte nun experto entrenador persoal e, ademais, por ser lector de Galiciaé, teralo por só 49 €.  

Non se trata só de especializarte como entrenador persoal, tamén adquirirás ou ampliarás a túa formación en nutrición deportiva e chegarás a convertirte en coach. É dicir, non só poderás planificar un adestramento, senón tamén ofrecer apoio e asesoramento e impulsar aos teus clientes á consecución dos seus obxectivos.

Grazas a este pack poderás, igualmente, planificar a dieta dos teus usuarios, xa que coñecerás que tipo de alimentos son os máis adecuados durante a práctica deportiva e que é necesario comer segundo o deporte practicado e/ou as necesidades do cliente: perder peso ou fortalecer o músculo.

E se planificación e dieta son importantes, non o é menos a mente durante a práctica deportiva. Por iso, debes aprender tamén como aplicar distintos conceptos de psicoloxía ao deporte, claves de motivación e modos de axuda para mellorar tanto o teu rendemento físico como o doutros, co fin de superarse cada día.

Non perdas a oportunidade de adquirir unha formación deportiva tan completa como esta e alcanza xa á túa profesión soñada accedendo aquí ao curso.

Comentarios