Arrinca Expogalaecia, o XII Salón de Turismo, Gastronomía e Artesanía

As máximas autoridades de turismo de Galicia e a maioría das empresas relacionadas co sector estarán invitadas ao XII Salón Internacional de Turismo, Gastronomía e Artesanía, Expogalaecia, que espera converter a Vigo e a Galicia na capital turística por excelencia do Noroeste peninsular.

Así, o certame celebrarase en Vigo do 30 de outubro ao 1 de novembro no recinto de feiras IFEVI, onde se reunirán máis de cen expositores, que representarán a preto de 500 institucións e concellos, incrementándose a participación nun 10% sobre a última edición. Ademais, a organización espera alcanzar unha cifra de negocio directo e indirecto de máis de 10 millóns de euros e calculan que recibirán a unhas 25.000 persoas.

En Expogalaecia, ademais dos produtos gastronómicos e artesanais típicos das distintas rexións de España e Portugal, concentrarase unha ampla oferta turística --náutica, rural, residencial, deportiva, de aventura--, xunto a organismos, empresas de hostalería, hoteis, axencias de viaxes, estacións de esquí e de montaña, agrupacións, etc.

Comentarios