Arzúa prepárase para a festa do queixo

Variedades de queso de Arzúa
photo_camera Variedades de queso de Arzúa

A cultura do rural toma forza universal os vindeiros días 13, 14 e 15 de marzo, Arzúa e o seu queixo son os protagonistas durante unha fin de semana, que espera converterse en destino verde de preto de corenta mil persoas.

Xa está aberto o prazo de reserva para os expositores da 34ª Edición da festa do queixo, todos os interesados poden formalizar a súa inscrición antes do día 27 de febreiro. Nestes primeiros días xa confirmaron a súa participación queixerías internacionais e de todo o estado, concretamente de Francia, Italia ou Valladolid.

O pregón de mans dunha investigadora
A investigadora arzuana Montse Varela, gañadora do XI Premio de Investigación 2006 Xesús Ferro Couselo, será a encargada de pronunciar o pregón o vindeiro 14 de marzo ás 13.00 h, no recinto feiral, que este ano permanecerá aberto ao público dous días completos en horario ininterrompido.

A festa do queixo de Arzúa é un proxecto integral de transformación do rural que pretende potenciar o noso patrimonio desde o criterio da identidade. Aspectos como a tradición, a cultura e o turismo, entre outros, xeran un valor económico e social que a converten nunha cita fundamental.

Comentarios