Durante este día unha fronte non moi activa achegarase a Galicia e traerá consigo un aumento de nubes e precipitacións dispersas de carácter feble en xeral.
As temperaturas mínimas experimentarán un forte ascenso, mentres que as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.