Bacallau á galega

Ingredientes:

1 Kg de bacallau
6 dentes de allo
Tres cuartas partes dun vaso de viño branco
100 grs de pan rallado
1 ovo
3 cucharadas de perexil picado
Media cucharada de pemento
Sal


Preparación:

1. Remojar o bacallau en abundante auga durante 36 horas, cambiando a auga cada 4 horas. Escurrir, retirar a pel e as espiñas; trozar e reservar.

2. Pór o ovo en auga con sal, cando rompa o hervor contar 15 minutos, retirar, pelar e reservar.

3. Colocar nunha cazuela o bacallau espolvorear co pan rallado, os allos e o perexil ben picaditos e bañar coa mestura de ½ vaso de aceite, ½ vaso de auga, o viño branco e o pemento, levar ao lume ata que a salsa espese e ao retirar espolvorear con ovo duro picado. Servir quente.

Comentarios