A Cociñeira do Ano 2008 amosa os seus trucos en 'Murcia Turística'

A Cociñeira do Ano 2008, do restaurante A Estación de Cambre (A Coruña), Beatriz Sotelo, levará o seu bo facer aos Terceiros Encontros de Cociña Profesional 'Murcia Turística', que se pon en marcha o vindeiro luns 20 de outubro no Centro de Cualificación Turística.

Xunto coa única muller do Grupo Nove, estarán Martín Berasategui, Frederic Bau (de L´Ecole du Grand Chocolat Valrhona) e Rafael Morais (de Hacienda Benazuza).

Todos eles compartirán as súas técnicas, coñecementos e saber cos profesionais murcianos sobre as últimas tendencias que se están desenvolvendo nas cociñas do mundo.

Comentarios