Bolos de vento

Os bolos de vento elabóranse a base dunha masa de fariña que se mestura con diferentes ingredientes e que se frite en abundante aceite. Hai bolos de vento de case todo: de queixo, bacallau, coliflor, puré de pataca, noz moscada, cabaza, mazá e incluso de vento, un tipo de bolo de vento moi inchado e sen masa no seu interior que se enche con crema pasteleira ou nata montada e se espolvorea con azucre glas. Famosos son os bolos de vento de mazá, que se preparan con pequenas porcións da froita, sen pebidas.

Ingredientes

  • 100 gramos de fariña.
  • Un belisco de sal.
  • Un ovo grande.
  • 1,5 decilitros de leite.
  • Unha cucharada de aceite ou manteiga.
  • Bacallau desmigado.

Elaboración
Tamice o sal coa fariña nun recipiente, faga un oco no centro e bote a xema e o leite ata obter unha masa espesa. Bátaa e anada o leite restante, o aceite e o bacallau. Deixe repousar a masa durante media hora. Posteriormente, bata a clara a punto de neve. Quente o aceite nunha tixola e bote as bólas de masa. Cando estean ben douradas, sáqueas e póñaas a escurrir sobre papel absorbente. Espolvoréas con azucre e canela.

Comentarios