Carmelo Rodero crianza 2007

vino(25_2011) Carmelo Rodero Cr.JPG
photo_camera vino(25_2011) Carmelo Rodero Cr.JPG

Zona: D.O. Ribeira do Douro. Colleita: 2007. Maridaxe: Pichón asado no seu propio mollo con cogomelos, noces e tella de pan. Graos: 14% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 14-16º

Descendente do saber facer na viña e no lagar, procedente dunha longa familia de viticultores, Carmelo Rodero pronto se desmarcou dunha aparente liña marcada cara á cooperativa vinícola de Pedrosa de Duero. Así comezou a fornecer á prestixiosa adega Vega Sicilia coas uvas que producía nas súas 50 hectáreas de viñedo. Foron 14 anos, ata que en 1990 inicia o seu camiño en solitario. Apostou polo futuro, polo non depender de terceiros, polos seus viñedos e a súa experiencia. E con traballo e ilusión saído adiante e obtido recoñecemento desde os primeiros anos da adega. Unha mostra é o Carmelo Rodero Crianza 2007, un tinto elaborado en familia.

Cata

Cor cereixa de capa alta, con menisco granate. En nariz preséntase potente, con gran expresión froiteira, aromas de froitas vermellas en conxunción con tostados e cafetales sobre un fondo especiado e mineral. En boca móstrase con corpo, saboroso, potente con taninos doces e maduros con boa acidez. Posgusto marcado polo carballo.

Comentarios