Ceos cubertos e baixada das temperaturas

O venres, Galicia estará nunha situación intermedia entre unha borrasca situada ao norte de Escocia e o anticiclón centrado sobre Lisboa. Así, os ceos estarán cubertos, con nubes máis compactas na metade oeste, onde se rexistrarán orballos. 

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará do suroeste, aumentando en intensidade á noite, con refachos fortes no terzo norte. As temperaturas, pola súa banda, sufrirán un lixeiro descenso. 

En concreto, por cidades, as máximas oscilarán entre os 16 graos de Vigo, Ourense e Pontevedra e os 11 de Lugo, mentres que as mínimas estarán entre os 5 graos de Ourense e Lugo e os 10 da Coruña, Santiago ou Ferrol. 

Comentarios