Ceos despexados para empezar a última fin de semana da primavera

Este sábado espérase unha situación intermedia entre as altas presións de Azores e unha borrasca centrada en Irlanda. Con esta situación, prevense bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceo pouco nubrado ou despexados en xeral, con máis nubes canto máis ao norte, onde incluso no litoral pode haber algún orballo ocasional ao final do día. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente norte, frouxo pola mañá, aumentando a moderado durante a tarde. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Deste xeito, as máximas subirán ata os 31 graos en Ourense e as mínimas descenderán ata os 10 en Ferrol e Pontevedra. 

Comentarios