Ceos despexados en toda Galicia e temperaturas en ascenso

Os termómetros oscilarán nas cidades galegas entre os 7 e os 28 graos

Mapa con la previsión de Meteogalicia
photo_camera Mapa coa previsión de Meteogalicia

Este mércores Galicia mantense baixo a influencia das altas presións, polo que se espera unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con intervalos de nubes altas á primeira hora e entrada de nubes baixas polo litoral atlántico ao final do día. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso e chegarán a alcanzarse os 28 graos en Ourense, segundo as previsións da Meteogalicia

Lugo rexistrará os valores máis baixos das grandes urbes galegas, 7 graos de mínima, e a cidade das Burgas as temperaturas máis altas. 

Temperaturas mínimas e máximas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 11° - 20°
Ferrol 10° -  23°
Lugo 7° - 25°
Ourense 9° - 28°
Pontevedra 11°-  23°
Santiago 10° - 25°
Vigo 11° - 22°