Ceos parcialmente cubertos este martes en Galicia

Previsión del tiempo para este martes en Galicia.METEOGALICIA
photo_camera Previsión do tempo para este martes en Galicia.METEOGALICIA

Este martes Galicia quedará nunha situación de transición entre o anticiclón da península Ibérica e as baixas presións do Atlántico, con réxime de ventos de compoñente sur.

Así, espérase unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con máis nubes na franxa atlántica onde se rexistrarán algúns orballos.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos. O vento soprará frouxo de compoñente sur.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 14° 21°

Ferrol 15° 22°

Lugo 11° 20°

Ourense 12° 22°

Pontevedra 14° 21°

Santiago 15° 19°

Vigo 14° 21°. 

Comentarios