Choiva no norte que pode ser neve nas montañas

Este xoves recupérase transitoriamente a influencia anticiclónica, con ventos do norte que achegarán aire frío. Así, o ceo estará parcialmente cuberto no terzo norte con chuvascos máis probables durante a mañá que aínda poden ser en forma de neve en cotas ao redor dos mil metros. Mentres, no resto da comunidade galega espéranse bancos de néboa matinais que deixarán paso a ceo pouco nubrado ou despexado. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente norte. Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. 

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán ata os 14 graos en Vigo, mentres que os valores mínimos descenderán ata os cero graos en Ourense e Lugo. 

Comentarios