Para a primeira xornada da fin de semana non se agardan cambios significativos, xa que se mantén o aire frío nas capas altas da atmosfera e polo tanto a inestabilidade. Así, Galicia comezará o día cos ceos parcialmente cubertos e co avance da xornada rexistraranse chuvascos, máis probables no interior da comunidade e pola noite a chegada dunha fronte polo oeste deixará chuvias máis xeneralizadas, segundo apunta MeteoGalicia.
Respecto as temperaturas salienta que as mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo en xeral, de compoñente norte durante o día, rolando a compoñente oeste pola tarde e a sur pola noite, cando aumentará en intensidade, sendo forte no litoral.#findesemana en Galicia (I). Sábado
— AEMET_Galicia (@AEMET_Galicia) June 18, 2021
Nubrado con chuvascos, acompañados de tormentas no cuadrante sueste.
🌡️ con poucos cambios con respesto ás de hoxe.
Vento frouxo de compoñente N ao principio rolando a SW ao final. pic.twitter.com/nTzUuRg3Pu
Temperaturas mínimas e máximas
A Coruña 14° 18°, Ferrol 14º 18°, Lugo 12° 18°, Ourense 14° 20°, Pontevedra 13° 18°, Santiago de Compostela 12° 17° Vigo 14° 19°