O sábado Galicia queda na influencia dunha borrasca situada entre Irlanda e a península Ibérica. Así, teremos unha xornada con ceos parcialmente anubrados e con chuvias xeneralizadas, máis abundantes na metade oeste.
As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos.
O vento soprará do sudoeste, moderado en xeral, fortes no litoral norte.