Comeza a III Festa do Marisco en Pobra do Caramiñal

A localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal acolle un ano máis a Festa do Marisco, onde os asistentes poderán disfrutar, entre o 12 e o 15 de Agosto, de 14 clases deste manxar elaboradas de distintas maneiras.

Os prezos das tapas de vieiras, zamburiñas, berberechos, mexillóns ou cigalas, entre outros, abarcan desde os 3,50 euros ata os 9,o que o converte nun reclamo para multitude de xente de tódolos puntos da comarca.

As xornadas gastronómicas estarán á súa vez amenizadas por actuacións musicais e tamén haberá un espazo para os máis cativos, con manualidades e xogos relacionados con mar.

Comentarios