Máis de 8.000 nenos inician o novo curso nas escolas da Galiña Azul

A rede de garderías da Xunta conta este ano con dous novos centros, en Arteixo-Río Tambre e en Burela-Os Castros
Aula de una de las escuelas infantiles A Galiña Azul
photo_camera Aula de una de las escuelas infantiles A Galiña Azul

Un total de 8.023 nenos foron admitidos na rede de escolas infantís da Xunta, A Galiña Azul, nas que arrinca o curso escolar este martes. Un ano no que a rede de garderías da Consellería de Política Social conta con dous novos centros. En concreto, en Arteixo-Río Tambre e en Burela-Os Castros.

As familias contan cun total de 22.439 prazas de 0 a 3 anos este ano. Estas cifras, segundo destaca a Xunta, supoñen un índice de cobertura do 38 por cento, "catro puntos por encima da media aconsellada pola Unión Europea". Do total de admisións, 3.393 menores estarán en centros da Coruña, 2.889 en Pontevedra, 885 en Lugo e 855 en Ourense.

Así mesmo, sobre a lista de espera, o inicio do curso rexistra unhas 1.178 solicitudes que se poderán acoller ao programa de bono concilia e recibir unha axuda de entre os 45 e os 250 euros mensuais, en función da renda da unidade familiar, para o pago de praza nunha escola da súa elección que non conte co financiamento da administración galega.

Outras novidades para este ano incluirán a apertura dun centro por localidade, durante as vacacións de Nadal e Semana Santa, "independentemente da demanda". Ademais, ábrese a posibilidade solicitar traslado de centro dentro dun mesmo municipio, por motivos de cambio de domicilio ou lugar de traballo.

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, ademais doutros cargos, visitaron algúns destas escolas infantís aproveitando esta xornada de volta ao curso.

Comentarios