Ostreiras do mercado da Pedra reciben o premio 'Provincia de Pontevedra'

Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, anunciou este mércores a concesión do premio 'Provincia de Pontevedra' a catro ostreiras do mercado da Pedra de Vigo pola súa contribución á conservación de tradicións autóctonas vinculadas á extracción, comercialización e consumo dun produto como a ostra.

Carmen Rodríguez, Isaura Pérez, María Isabel Seoane e Hermitas Bouzón convértense na reseña deste ano porque, segundo Louzán, ''levan máis de medio século abrindo este bivalvo, converténdose nunha imaxe de Galicia e a provincia de Pontevedra''.

A Adega 'Condes de Albarei' foi a iniciativa empresarial elixida para recibir esta distinción na mellor empresarial do ano. Esta firma, situada en Cambados, leva máis de dous anos traballando 206 hectáreas de cultivos que permiten empregar a máis de 300 persoas. ''Esta cooperativa, como se sabe, hai un ano, que adquiriu o Pazo Baión'', recordou o presidente da Deputación de Pontevedra.

Ademais, a xunta de Goberno da Deputación outorgou premios a mellor labor social -á asociación Amencer Aspace-, ás artes e cultura - ao actor Félix Sancho Gracia-, e ao labor de fomento do deporte que realiza desde os anos 60 a entidade de baloncesto feminino Real Club Celta.

En rolda de prensa, Rafael Louzán anunciou a resolución final destas eleccións que serán entregadas o próximo seis de agosto no Pazo Provincial.

Comentarios