CxG acusa o PSOE de quitarlle unha lona electoral para pór a súa

Desde Compromiso critican que "a falta de xestión se suma á falta de ética do PSOE", partido ao que ven preocupado pola irrupción da súa formación

Compromiso por Galicia (CxG) denunciou que "o equipo de traballo de Barquero", aspirante socialista á alcaldía de Ourense, quitou unha lona na zona dos Rosais para colocar a súa.

CxG critica nun comunicado que o equipo socialista "non respecta o material de Compromiso de Galicia" e considera que iso se debe a que "o PSOE está preocupado pola irrupción con forza de Compromiso por Galicia no seu electorado e por iso emprega artimañas pouco éticas".

Para CxG, "a falta de xestión súmase á falta de ética do PSOE de Ourense", o que os votantes castigarán o próximo 24 de maio, conclúe.

Comentarios