Degustacións, música e teatro na XVII Festa do Pan de Cea

Imagen de la Fiesta del Pan (Foto: www.concellodecea.com)
photo_camera Imagen de la Fiesta del Pan (Foto: www.concellodecea.com)

A localidade ourensá de San Cristovo de Cea celebra o próximo fin de semana do venres 4 ao domingo 6 de xullo a XVII edición da súa Festa de Exaltación do Pan.

A degustación deste produto, recoñecido pola súa calidade cunha Indicación Xeográfica Protexida, é o atractivo principal desta celebración, cuxo programa inclúe tamén música, o clásico pregón –este ano a cargo de Modesto Hermida, doutor en Filoloxía Románica e escritor–, teatro e ata un monólogo ao redor da figura do afiador, unha das ‘iconas' da cultura tradicional desta comarca e da provincia de Ourense en xeral.

As actividades festivas iniciaránse o venres 4 ao mediodía, cunha demostración da antiga ‘malla' e degustación de pan na Praza Maior da veciña localidade do Carballiño. Esa mesma noite, ás dez e media, terá lugar na Praza Maior de Cea unha representación teatral a cargo de Volta e Dálle Teatro.

Día grande

O domingo 6 é o día grande a festa. Iniciarase con pasarúas. Logo terá lugar a recepción de autoridades, o pregón e a degustación de produtos doados polos expositores (30 entre total, entre eles os representantes da práctica totalidade dos produtos con indicativo de calidade de Galicia).

Ás dúas e media celebrarase o ‘xantar organizado'. Por un prezo de tan só 20 euros os comensais poderán gozar dun completo menú a base de empanada, polbo á feira, carne ó caldeiro, queixos, requeixo, mel, viños do D.O. galegas, café e licor de herbas. Os interesados en participar poderán adquirir a súa entrada nos distintos establecementos de Cea ou ben a través do correo electrónico, na dirección [email protected].

Ese mesmo domingo, xa pola tarde, haberá máis música, con charangas, gaiteiros e baile tradicional. Ás oito, unha degustación gratuíta de pan de Cea con chourizos ao viño (xentileza de Embutidos Tradicionais Catro Bello) e para rematar baile popular coa actuación de orquestra Ciudad de Vigo.

Comentarios