Delicatesen

O porco celta empezou a desaparecer cara aos anos cincuenta. Ata entón ocupara un lugar destacado nos cortellos de Galicia, pero iso non impediu que se convertese nunha especie en perigo de extinción. Hoxe en día comeza a ser considerado un referente gastronómico de primeira orde pola calidade e o sabor da súa carne e os seus derivados.

As calidades da carne de porco celta son diferentes ás do porco tradicional. A súa produción cóidase máis, o que repercute no prezo final (máis caro) e os leitóns crecen con maior lentitude, en comparación con outras razas.

Ingredientes

  • Manciñas de porco celta.
  • Queixo de San Simón.


Elaboración
Cócense as manciñas e, sen que se arrefríen do todo, desósanse e colócanse nunha placa sobre papel transparente. A continuación, córtase o queixo en lonchas finas e énchese de forma que quede un cilindro. Unha vez realizado isto, déixase arrefriar 24 horas. Para rematar, córtase en rodajas e pásanse á prancha.

Comentarios