A Deputación de Pontevedra, presidida por Carmela Silva, levará ao pleno deste mes unha iniciativa para revogar distincións feitas durante a ditadura franquista a cinco persoas.
Entre estas persoas atópase o propio Francisco Franco, a quen lle retirará o cargo que ostentaba de presidente perpetuo da Deputación pontevedresa.
A idea provén dunha moción previa que foi aprobada por unanimidade, incluíndo o voto favorable do Partido Popular.
A Deputación de Pontevedra revogará cinco distincións feitas durante a ditadura franquista
Entre elas retiraráselle a Franco o título de presidente perpetuo do ente provincial